Breixo Obras e Servizos


Expertos en Construcción e Reformas

A nosa experiencia.

A nosa experiencia.

Empresa creada no ano 2014, con ampla experiencia no campo da construcción. Contamos cun equipo humán que acumula máis de 30 anos de experiencia, traballando como técnicos na planificación e execución de proxectos de obra en diversas empresas construtoras, e posuímos formación especializada en arquitectura técnica, enxeñería de edificacion e desenvolvemento de proxectos de obras.

Grazas á nosa profunda experiencia e coñecemento técnico, ofrecemos solucións eficaces e de alta calidade para todo tipo de proxectos de construción.

Os nosos traballos abarcan desde as reformas de vivendas e de locais comercias, ata a construción de novas edificacions e rehabilitacións, incluindo a intervención en bens de interese cultural (BIC).

Así mesmo, apostamos por ofrecer a máxima calidade e o maior respecto polo patrimonio de todos os nosos clientes.

Compromiso coa calidade.

Compromiso coa calidade.

Ofrecemos un servizo integral que cubre desde o deseño do proxecto técnico ata a xestión completa de trámites, execución da obra e entrega da documentación final. O noso compromiso é garantir a satisfacción total dos nosos clientes, asegurando que cada proxecto se complete cos máis altos estándares de calidade.

En Breixo Obras, cremos firmemente que o noso éxito fundaméntase na confianza e satisfacción dos nosos clientes. Esforzámonos por superar as expectativas en cada proxecto, aplicando a nosa extensa experiencia e coñecemento técnico para garantir resultados excepcionais.

Ao elixirnos, escolles un aliado comprometido e eficiente que se asegurará de que a túa visión se convirta en realidade coa máxima calidade e eficacia. Contáctanos para descubrir como podemos axudarche a construír ou renovar o espazo que soñas.

Esta web utiliza cookies de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Máis información